Socias/os
As socias e socios da Asociación Internacional de Estudos Galegos poderán beneficiarse dunha serie de vantaxes como é a de formar parte dunha rede internacional de investigación.
Artigos
Kathleen March gaña a medalla do CCG
Kathleen Nora March (Rochester, Estado de Nova York, 1949) é unha das máis destacadas referencias dos estudos galegos nos Estados Unidos. Hai corenta anos foi ela quen fundou a Asociación …
Seminario Internacional: As peregrinações a Santiago de Compostela em perspectiva Interdisciplinar
Gostaríamos de informar que, no dia 13 de abril de 2026 (segunda-feira), das 9h às 19h, será realizado o Seminário Internacional “As Peregrinações a Santiago de Compostela em Perspectiva Multidisciplinar”, …
Entrevista co presidente da AIEG
ENTREVISTA | Xoán Lagares, Asociación Internacional de Estudos Galegos: “Hai que ter estratexias claras de promoción internacional da lingua e da cultura galega” A Asociación Internacional de Estudos Galegos, que …
Os nosos Obxectivos
01.
Potenciar os estudos galegos a nivel internacional.
02.
Proporcionar intercambios entre estudosos de distintas disciplinas que se ocupan da realidade galega.
03.
Potenciar a presenza da cultura galega no mundo, especialmente no ámbito académico.
Actividades
Ademais do seu congreso trianual, a Asociación Internacional de Estudos Galegos organiza unha serie de actividades dirixidas a estudantes, profesorado e persoal investigador en estudos galegos.
Xunta Directiva 2024-2027
No último congreso da AIEG, celebrado na cidade de Braga e en Guimarães, na Universidade do Minho, entre os días 17 e 20 de abril de 2024, foi elixida a actual Xunta Directiva da Asociación Internacional de Estudos Galegos, que agrupa a investigadores vinculados a centros de estudos galegos das universidades brasileiras, baixo a presidencia do profesor Xoán Carlos Lagares, subdirector da NUEG. Unha das súas misións, no trienio que agora comeza, consiste na organización do próximo Congreso da asociación, que terá lugar no primeiro semestre de 2027 en Niterói (UFF) e Río de Janeiro (UERJ).
