40 anos da AIEG
O pasado, o presente e o futuro dos estudos galegos no mundo
A actividade de celebración do 40 aniversario da Asociación, en 2025, pretende ser unha oportunidade para facer un exercicio de memoria, recuperando a historia da AIEG por medio das lembranzas daqueles/as que estiveron implicados directamente nas súas actividades en todos este anos, ao mesmo tempo que se configura como un foro de discusión da situación actual dos estudos galegos no mundo e da súa proxección no futuro. Pensamos que a experiencia histórica é fundamental para construír plans de actuación na divulgación internacional da cultura galega e para promover o interese polos estudos galegos en futuras/os investigadoras/es de diferentes universidades do mundo.
Entidades participantes:
Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG)
Secretaria Xeral da Lingua (Xunta de Galicia)
Consello da Cultura Galega (CCG)
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI)
Real Academia Galega (RAG)
Associaçom Galega da Língua (AGAL)

PROGRAMACIÓN
30 de xuño, 1 de xullo e 2 de xullo, sede do Consello da Cultura Galega:
DÍA 30 DE XUÑO. A situación actual dos estudos galegos: os convidados exporán un relatorio da situación nos seus respectivos países e da súa perspectiva sobre os estudos galegos no mundo, en sesións de mañá e tarde.
Mañá
9:00 – 10:00: Recepción e apertura: CCG, SXL e AIEG
10:00 – 10:30: Kathleen March
10:30 – 11:00: Danny Barreto (on-line)
11:00 – 11:30: Benigno Fernández Salgado
11:30 – 12:00: Helena González
12:00 – 13:00: Debate
Xantar
Tarde
15:00 – 15:30: Débora Campos (on-line)
15:30 – 16:00: Arantxa Crespo (on-line)
16:00 – 16:30: Carmen Mejía
16:30- 17:00: Ana Garrido
17:00 – 17:30: Olivia Rodríguez
17:30 – 18:00: Burghard Baltruch
18:00-19:00: Debate.
DÍA 1 DE XULLO.
Continuación da exposición dos relatorios sobre a situación presente dos estudos galegos no mundo, na sesión da mañá. Debate sobre estratexias de futuro na ampliación internacional e divulgación dos estudos galegos, na sesión da tarde.
Mañá
10:00 – 10:30: Maria Xesús Lama
10:30 – 11:00: Maria Xesús Botana
11:00 – 11:30: Carlos Pazos
11:30 – 12:15: Valéria Gil Condé, Xoán Lagares, Thayane Gaspar
12:15-13:00 Debate
XANTAR
Tarde
15:00 – 17:00: Mesa-redonda “Perspectivas nacionais e internacionais para os Estudos Galegos”: Henrique Monteagudo (Real Academia Galega) – Daniel González Palau (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional) – Jon Amil (Associaçom Galega da Língua).
17:00 – 17:30: Pausa
17:30 – 19:30: Mesa-redonda “Os centros de estudos galegos e as estratexias de difusión internacional da cultura galega”: Valentín García Gómez (Secretaría Xeral da Língua da Xunta de Galicia) – Rosario Álvarez (Consello da Cultura Galega).
20:00: Clausura.
DÍA 2 DE XULLO. Gravación de entrevistas cos participantes sobre a memoria da súa actuación na Asociación Internacional de Estudos Galegos. Colaboración técnica do Consello da Cultura Galega. Cronograma de gravacións de entrevistas de 15 minutos.
Asóciate
As socias e socios da Asociación Internacional de Estudos Galegos poderán beneficiarse dunha serie de vantaxes como é a de formar parte dunha rede internacional de investigación.
